Papers, Please

Papers, Please

Not enough ratings
Papers, Please en Galego
By alesuot
Guía sinxela para cambiar os textos orixinais de Papers, Please por unha tradución completa ao galego (ILG-RAG).
   
Award
Favorite
Favorited
Unfavorite
Introdución
A presente é unha guía para cambiar os textos orixinais de Papers, Please por unha tradución completa ao galego. O procedemento é tan sinxelo como colocar o arquivo de localización no directorio de instalación do xogo.

Descarga e instalación
En primeiro lugar, abrimos o directorio de instalación do xogo, ao que podemos acceder facilmente desde a biblioteca de Steam.

O seguinte paso será descargar o ficheiro de localización, gl.zip, que podemos atopar na seguinte ligazón: https://alesuot.itch.io/papers-please-en-galego

Logo de descargar o ficheiro de localización, colocámolo sen descomprimir na carpeta loc, dentro do directorio de instalación do xogo:
\PapersPlease\PapersPlease_Data\StreamingAssets\loc

Finalmente, abrimos o xogo e escollemos o idioma galego desde o menú de opcións.

Capturas de pantalla
Versións e créditos
Esta é unha versión non definitiva suxeita a modificacións após revisión lingüística.

Créditos:
  • Do xogo orixinal e mais da ferramenta de localización: Lucas Pope
  • Da localización ao galego: Alex Arias-Cabarcos (alesuot)